A Medida Leader é a ferramenta que xestionamos os GDR como entidades de colaboración de Agader para poñer en práctica as nosas Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo, cofinanciada co Fondo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014 – 2020.
Dentro desta medida se diferencian varias submedidas de actuación:
- Submedida 19.1: Axuda preparatoria para a elaboración das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo
- Submedida 19.2: Apoio para a realización de operacións conforme á Estratexia de Desenvolvemento Local
- Submedida 19.3: Proxectos de cooperación entre Grupos de Desenvolvemento Rural
- Submedida 19.4: Custos correntes da Estratexia Local e animación
Destas submedidas, as axudas ao Desenvolvemento Rural se encadran dentro da 19.2. Para poder xestionar a submedida foron aprobadas as Bases Reguladoras das subvencións que se tramitan ao abeiro desta submedida.
Cada GDR ten un BAREMO propio na súa estratexia que contempla a forma de puntuar os proxectos ante a concurrencia competitiva, a súa priorización e as limitacións sectoriais existentes dependendo da tipoloxía de Proxectos.
Para solicitar as axudas da Medida Leader é obrigatorio realizar o procedemento a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento MR701D). Únicamente as persoas físicas poderán realizar o procedemento tanto por sede electrónica como presencialmente na sede do GDR en Mos.