“Música e Viño no teu camiño” é unha inciativa da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural, no marco do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, e forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia.
O proxecto busca xerar experiencias positivas a través da música xerando actuacións que están chamadas a ser un espazo de encontro e desfrute entre a poboación do territorio e as persoas que visitan Galicia para percorrer o Camino de Santiago, ou con motivo do Xacobeo 21-22.
O programa percorreu os 14 concellos que forman parte do Xeodestino con 14 actuacións de 14 grupos musicais emerxentes do territorio e área de influencia, en pequeno formato ou formato acústico nas prazas dos concellos participantes.
A maridaxe perfecta chegará coa promoción e impulso ao consumo responsable dos viños de D.O. Rías Baixas. Nesta edición esto irá a cargo dos establecementos da contorna dos lugares de actuación, onde as persoas participantes poderán gozar dos viños e da gastronomía. Deste xeito, refórzase a actividade dos establecementos hostaleiros, que tan mal o pasaron durante a recente pandemia.