III Foro da Muller Rural Galega 2023

O ROSAL

Luisa Alonso

Homenaxeada

A GUARDA

Ana Álvarez Priego

Pescados Narcisa

BAIONA

Patricia Gómez Alonso

Vouxers

GONDOMAR

María Alonso Fajo

Alimentación María

FORNELOS DE MONTES

Teresa Covelo Lores

Casa Niño “Curuxa de Lúa”

MOS

Carmen Soliño Alonso

Muebles Soliño

NIGRÁN

Judith García Llamas

Centro de equitación “Llamas de Cea”

OIA

Josefa Mariño Estévez

Percebeira

O PORRIÑO

Vanesa Casalmorto Rodríguez e Marisé Casalmorto Rodríguez

Herboristería Dietsana

PAZOS DE BORBÉN

Ana Míguez Dacosta

Héroes para la Ciencia

REDONDELA

Merchi Alonso Vázquez e Anuska Couñago Gómez

Florería AyM

O ROSAL

María Fandiño Iglesias

Paisaxe Arquitectura

TOMIÑO

Kinga Maculewicz

Kinga Trainer

TUI

Ana María Alonso Pérez

Cabuxa – Tenda artesanal de artigos en pel

O “Foro da Muller Rural Galega” é unha iniciativa que xurde desde a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural no ano 2021 e que se celebrou por primeira vez en Tui o 15 de outubro, día no que se conmemora o Día da Muller Rural.

Con esta iniciativa, desde a Asociación prentendemos dar voz a todas esas mulleres que apostaron por formar parte do rural, traballando, vivindo, transformando e axudando a mellorar o noso territorio.

É un recoñecemento ao importante papel que as mulleres desempeñan no noso rural, e que pretende servir de exemplo para outras tantas mulleres, demostrando que se pode emprender no rural, se pode vivir no rural, se pode transformar o rural e que xuntas somos máis fortes.

O foro pretende ser un lugar de encontro no que “Compartimos Experiencias e Visibilizamos Realidades”. As nosas mulleres son as protagonistas e cada unha, presenta a súa iniciativa de desenvolvemento no rural.

Este Foro promete ser unha importante ferramenta para o coñecemento e a divulgación e cada ano se celebrará unha edición, coincidindo co día da Muller Rural.

Na súa terceira edición, o Foro celebrarase no concello de O Rosal, concretamente nas instalacións da Bodega Quinta Couselo, lugar emblemático de un dos principais motores económicos do municipio, o viño do Rosal.

Galería do evento