É o programa de desenvolvemento local elaborado de abaixo a arriba polo GDR, no que se define unha estratexia integrada e multisectorial, partindo dos recursos e necesidades endóxenos do territorio
Análise das necesidades de desenvolvemento e potencial da zona de actuación
Descrición das características integradas da estratexia, describindo a interrelación que pode darse entre os diferentes sectores.
Descrición das características innovadoras da estratexia establecendo que servizos, produtos ou intervencións necesita a comunidade para lograr efectos multiplicadores sobre os cambios que se queren acadar
Definición dos obxectivos que se queren acadar establecendo as actuacións específicas que serán subvencionables. Os obxectivos teñen que ser específicos, medibles e realistas
Descrición dun plan de acción para que os obxectivos se transformen en accións concretas
Previsión da distribución do gasto público da estratexia en investimentos materiais, inmateriais e gasto corrente
Complementariedade con outros programas de desenvolvemento que se apliquen no territorio
Plan de formación tendente a incrementar a capacitación para o emprego da poboación activa do territorio