Adquisición de mobiliario e equipamento informático para oficinas, laboratorio e cociña de Pazo de Valdomiño

Promotor: Pazo de Valdomiño S.A.

Concello: Tomiño

Puntuación: 51,00

Orzamento elixible do proxecto: 33.759,56 €

Importe da axuda: 15.529,40 €

Resumo do proxecto: Dentro do sector da destilería e elaboración de licores tipicamente galegos, Pazo de Valdomiño é un referente tanto no Baixo Miño coma no resto da contorna.

Debido ás reformas feitas na destilería nos derradeiros anos e ao importante incremento do seu volume de negocio, e consecuentemente ao incremento do número de persoas traballadoras, para a empresa foi necesario adquirir novo mobiliario e equipamento para acondicionar as novas instalacións para este persoal, permitindo así incrementar os postos de traballo de oficina, o laboratorio e a cociña e zona de descanso. Desta forma foi posible datar de maior comodidade e utilidade o espazo para as persoas traballadoras.

O proxecto está orientado a incrementar os postos de traballo para así entrar en novos mercados e conseguir acadar unha maior presenza no sector da elaboración de licores tradicionais galegos, que poñen en valor os nosos recursos e as nosas propias materias primas.

Previo

Execución