Promotor: Latorta S.L.
Concello: O Porriño
Puntuación: 48,00
Orzamento elixible do proxecto: 110.097,00 €
Importe da axuda: 47.341,71 €
Promotor: Latorta S.L.
Concello: O Porriño
Puntuación: 48,00
Orzamento elixible do proxecto: 110.097,00 €
Importe da axuda: 47.341,71 €
Resumo do proxecto: A empresa perceptora desta axuda é unha empresa orixinaria de Torneiros, no Concello de O Porriño, que desenvolve un produto alimentario único e exclusivo, tendo como principal vantaxe ser un produto natural.
No momento da solicitude do proxecto, o produto estábase a comercializar en toda España e parte de Portugal, pero con limitación da súa data de consumo, non superior a 3 días dende a súa elaboración.
Tras a realización de diversos estudos e probas nas propias instalacións, a empresa logrou atopar un sistema de frío rápido que mantiña todas as cualidades do produto e garantía unha conservación a 60 días, permitindo así a expansión internacional da empresa.
Para adquirir o equipamento necesario para implementar esta ampliación e expansión de LATORTA, foi para o que a empresa solicitou a axuda, xunto co deseño e fabricación dun módulo móbil de franquía tipo co que asistir a feiras alimentarias na busca de novos franquiciadores internacionais.