Formado polos concellos da Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui, o xeodestino Ría de Vigo e Baixo nace para impulsar a competitividade deste territorio, situándoo como o instrumento de referencia na súa planificación turística e desenvolvendo produtos turísticos de calidade baseados nos recursos, a identidade e a tradición a través dun sistema articulado que incorpora a todos os axentes da cadea de valor.