Proxecto
Co proxecto Rede EcoComedores buscamos adaptar os menús dos centros escolares a menús equilibrados e saudables para nenos e nenas que inclúan produto local, de tempada e ecolóxico.
Con este proxecto tamén se promocionará os produtos locais, fomentando o consumo en circuítos curtos e contribuíndo á mitigación do cambio climático, xa que se minorará a pegada ecolóxica da alimentación ao tempo que e dinamiza a economía local, fortalecendo a capacidade de produción de pequenas e pequenos produtores, xeralmente mozos e mozas recentemente incorporados a esta actividade no rural.
A iniciativa xurde como continuidade ao proxecto ‘Alimentos da Biosfera’, no que un dos tres obxectivos era a promoción do produto local nos centros escolares con cociña propia, no que se realizou unha experiencia piloto de grande éxito. A Rede EcoComedores incorpora este aprendizaxe previo e novos grupos de desenvolvemento rural socios para amplificar as actuación, desenvolvendo actuacións de capacitación para persoal de cociña e con experiencias reais de cambio de menú con produtos locais, eco e de tempada, que permitirá conectar ás e aos agricultores locais, principalmente ecolóxicos, cos centros con comedor. Tamén se busca divulgar e dar a coñecer o proxecto entre as familias e equipos educativos, así como sociedade en xeral.