PRTR

O Plan de Recuperación, Trasformación e Resiliencia coñecido como PRTR, é a estratéxica que formulou o Goberno de España para acelerar a recuperación social e económica xerada polo COVID – 19, e que conta co financiamento e o apoio da Unión Europea. Este Plan comprende un conxunto de reformas e investimentos dirixidas a incrementar a capacidade de crecemento a través do uso dos fondos europeos da forma máis eficiente posible.

 

Para comprender o funcionamento do PRTR, debemos contextualizalo no Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) do programa Next Generation EU. O instrumento Next Generation EU é unha resposta solidaria e coordinada polos países membros da UE (Unión Europea) fronte á crise sanitaria e económica provocada pola COVID-19.

POLÍTICA ANTIFRAUDE

A Orden HFP/1030/2021, de 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, no seu artigo 6 relata o reforzo de mecanismos para a prevención, detección e corrección do fraude, a corrupción e os conflitos de intereses. Pretende dar así cumprimento ás obrigas que establece o artigo 22 do Regulamento (UE) 2021/241, de 12 de febreiro, do Parlamento Europeo e do Concello, polo que se establece o Mecanismo para a Recuperación e a Resiliencia (en adiante MRR), en onde se fixa que toda entidade decisora ou executora que participe na execución das medidas do PRTR, deberá dispor dun “Plan de Medidas Antifraude” que lle permita garantir e declarar que, no seu respectivo ámbito de actuación, os fondos correspondentes utilizáronse de conformidade cas normas aplicables, en particular no que se refire á prevención, detección e corrección do fraude, a corrupción e os conflitos de intereses.

 

En consecuencia, A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, recolle no seu Plan de Medidas Antifraude os principios e normas que serán de aplicación nesta materia, anticorrupción e as medidas necesarias para evitar os conflitos de intereses en relación cos fondos provenientes do MRR.

 

Este Plan de Medidas Antifraude se estrutura en torno aos catro elementos clave do denominado ciclo antifraude: prevención, detección, corrección e persecución, e será de aplicación a todos os órganos e a todo o persoal que interveña na xestión dos fondos.

 

Ponse á disposición unha Caixa de correo de denuncias para a denuncia de irregularidades e posibles fraudes, casos de corrupción ou conflitos de intereses que unha vez recibidas serán examinadas pola Comisión Antifraude. Calquera persoa que teña sospeitas de fraude poderá notificar a través deste canle de denuncia aberto, as presuntas irregularidades que a este respecto poida detectar. A denuncia será tida en conta e serán comunicados os resultados das xestións realizadas ao respecto.

 

Documentación de interese relativa ás medidas antifraude:

CAIXA DE CORREOS DE DENUNCIAS

De acordo co Plan de Medidas Antifraude aprobado pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, esta entidade conta cun canle interno de denuncias de posibles incumprimentos ou fraudulenta xestión de fondos europeos para garantir a protección dos intereses financeiros da Unión Europea.

 

Este buzón tratará as denuncias de todo posible fraude referido exclusivamente aos fondos Next Generation EU e a todo o que teña relación con eles informando en todo caso que,

  • A denuncia será tida en conta e seranlle comunicados os resultados das xestións realizadas.
  • Respectarase a confidencialidade e a protección de datos persoais.
Nome(Required)
Email(Required)
Direción(Required)
Solta arquivos aquí ou
Accepted file types: jpg, png, pdf, Max. file size: 16 MB.

    PSTD “A DESPENSA DE GALICIA”

    A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural e a Axencia de Turismo de Galicia formalizaron un convenio para a execución do Plan de Sustentabilidade Turística do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño “A Despensa de Galicia”, no marco do PRTR e financiado pola Unión Europea “Next Generation EU”, no marco do obxectivo relativo á liña de investimento C14.I1, de implementar actuacións de impulso da sustentabilidade turística contempladas na submedida 2.

    Actuacions

    Eixe 1. Transición verde e sostible
    • Actuacións de rexeneración e adecuación do destino para mitigar o cambio climático
    • Plan de xestión de residuos en festas gastronómicas de interese turístico
    • Creación dunha rede de miradores e fomento do turismo astronómico
    Eixe 2. Mellora da eficiencia enerxética
    • Iluminación artística e eficiente do patrimonio do xeodestino
    • Creación de rutas cicloturistas en entornos enogastronómicos
    • Homologación de rutas de sendeirismo: «Entre campos e viñedos»
    Eixe 3. Transición dixital
    • Plan de sinalización intelixente de recursos enogastronómicos do destino
    • Creación de contidos dixitais vinculados coa enogastronomía
    Eixe 4. Competitividade
    • Axudas ao sector empresarial para impulsar a enogastronomía do destino
    • Creación de producto de turismo industrial vinculado á gastronomía
    • Sistema de avaliación do PSTD
    • Oficina técnica do PSTD