Marca como obxectivo lograr un desenvolvemento territorial equilibrado e sostible das economías e comunidades rurais, incluíndo a creación e conservación do emprego.
O programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia foi adoptado oficialmente pola Comisión Europea o 18 de novembro de 2015, e nel presentanse as prioridades de Galicia no que respecta ao desenvolvemento das zonas rurais.
O enfoque Leader, como instrumento de desenvolvemento territorial integrado no nivel local, fomenta o desenvolvemento das zonas rurais, baseado nun sistema integrado, innovador e multisectorial, partindo dos recursos e necesidades endóxenas do territorio e dende unha perspectiva «de abaixo a arriba«