Proxecto de agroturismo e hípica no Galleiro

Promotor: Iván González Fernández

Concello: Pazos de Borbén

Puntuación: 77,00

Orzamento elixible do proxecto: 47.793,00 €

Importe da axuda: 23.446,50€

Resumo do proxecto: O proxecto consistiu na creación dun centro de hípica na antiga casa escola de Nespereira, no Concello de Pazos de Borbén. Deste xeito, se puido desenvolver unha nova actividade turística de hípica dentro dunha zona rural do monte de O Galleiro
O proxecto consistiu na creación de vestiarios nunha nova edificación, con baños adaptados e unha edificación a maiores móbil destinada ás cuadras cunha capacidade para 20 cabalos.
A oferta desta actividade é tanto turística, como educativa, pensada tamén como actividade para centros escolares das proximidades e como equinoterapia, como tratamento que contribúa positivamente ao desenvolvemento cognitivo, físico, emocional, social e ocupación das persoas que sofren algún tipo de discapacidade ou necesidade especial.
Con esta iniciativa subvencionada polo Leader, se crearon dous novos postos de traballo destinados a colectivos desfavorecidos.

Previo

Execución

Repercusión nos medios de comunicación:

  • www
  • www