Clínica Dental en Ramallosa

Promotor: DENTAL RAMALLOSA 21 S.L

Concello: Nigrán

Puntuación: 58

Orzamento elixible do proxecto: 192.203,21 €

Importe da axuda: 96.101,61 €

Resumo do proxecto:

O proxecto consistiu no acondicionamento dun local existente na parroquia de San Pedro da Ramallosa, no concello de Nigrán para crear un novo servizo vinculado á saúde dental, co que ata ese momento non se contaba na Ramallosa, equipado con tecnoloxía punteira e practicando as técnicas máis avanzadas.

Co proxecto creouse unha clínica especializada en cirurxías e imprantoloxías, así como na saúde dental dos nosos pequenos e pequenas, traballando na prevención e coidado desde a infancia.

O proxecto é liderado por unha muller e é unha aposta firme polo emprendemento  feminino, ao ser todas as persoas traballadoras da clínica mulleres.

Previo

Execución

Repercusión nos medios de comunicación:

  • www.farodevigo.es/proxecto
  • www.lavozdegalicia.es/proxecto