Ampliación de maquinaria en clínica veterinaria en Tomiño

Promotor: VETERINARIA DO ROSAL S.L.

Concello: Tomiño

Puntuación: 76,00

Orzamento elixible do proxecto: 112.779,33 €

Importe da axuda: 56.389,67€

Resumo do proxecto:

O proxecto consistiu na ampliación das instalacións coas que contaba a empresa dedicada á actividade veterinaria, xa que o local no que desenvolvía o seu traballo quedouse pequeno. Así, coa axuda do Leader se trasladaron a un local maior na mesma localidade e poden ofrecer servizos e tratamentos que ata o momento non ofertaba por falta de espazo. Estes novos servizos foron pioneiros en todo o Baixo Miño.

Ampliouse a zona de hospitalización e internamento dos animais, tanto os que están a espera de tratamento ou cirurxía, como a dos que xa o recibiron e están en fase de recuperación.

Ademais, con esta ampliación poden ofrecer servizos como diagnose por imaxe e oftalmoloxía, que non se podían ofrecer coas instalacións anteriores.

A axuda do Leader contribuíu á consolidación de 8,60 postos de traballo e a creación de 2 novos postos destinados a mulleres.

Previo

Execución

Repercusión nos medios de comunicación:

  • www
  • www