Acondicionamento e instalacións de edificación destinada a escola de tenis de mesa

Promotor: Samuel Pereiro Costas

Concello: Mos

Puntuación: 49,00

Orzamento elixible do proxecto: 96.982,23 €

Importe da axuda: 19.233,27  €

Resumo do proxecto: O proxecto consistiu no acondicionamento e na realización das instalacións nunha edificación destinada a escola de tenis de mesa na parroquia de Sanguiñeda, no concello de Mos.

A escola desenvolve unha nova actividade de formación e aprendizaxe, fomentando o deporte de tenis de mesa entre persoas de todas as idades.

Se trata dun deporte de integración, que desenvolve as capacidades das persoas, independentemente do estado físico e mental das e dos participantes.

O proxecto ten por obxectivos formar en tenis de mesa a nenas e nenos, como complemento a outras actividades físicas, preparar ás persoas participantes para competicións escolares e federadas, no ámbito autonómico e nacional, realizar intercambios de formación e competición entre as persoas xogadoras dos clubes galegos e portugueses, e por en marcha un campus de formación en tenis de mesa, novedoso para o territorio posto que é un deporte pouco coñecido e practicado na contorna.

Previo

Execución

Segue este proxecto en: