Participación Presencial

Acto de remate do proceso participativo do Grupo de Desenvolvemento Rural 14 cun concerto e solta de farolillos de ceo.

 

01/07/2016

 

O pasado xoves 30 de xuño a Praza do Seixo de Tomiño converteuse no escenario para a presentación da candidatura final do Grupo de Desenvolvemento Rural GDR 14, que aglutina a 13 concellos e que opta a xestionar entre 3 e 5 millóns de euros do Porgrama LEADER Galicia 2014-2020.

Nos últimos 3 meses a poboación volcouse na elbaoración participativa da estratexia que define cómo se priorizará a inversión dos fondos para o desenvolvemento do territorio. O resultado final deste proceso de participación é o documento que se presentou o xoves, nun acto que consitiu nun concerto a carga da banda Weli Kings, e unha solta de farolillos de ceo.

Acto de presentación do documento da segunda fase do proceso participativo do GDR 14: Liñas de actuación e plan de acción

 

14/06/2016

 

O vindeiro mércores 15 de xuño os alcaldes dos municipios pertenecientes ao Grupo de Desenvolvemento Rural GDR 14 presentarán o documento resultado da finalización da segunda fase do proceso participativo de elaboración da estratexia de desenvolvemento local: as Liñas de actuación e o Plan de acción. Éste é o paso previo a ter o documento para a candidatura final, que recollerá a estratexia local que rexirá o proceso de financiación de proxectos nas convocatorias de fondos LEADER do programa 2014-2020.

Os 13 concellos participantes presentaran ao público e á prensa o documento de Liñas de actuación e Plan de Acción elaborado polo persoal técnico do GDR e a poboación participante no proceso, mediante un acto simbólico na Adega Lagar de Fornelos.

Hora: 11:30 am

Cómo chegar (fai click no ligazón)

Reunión informativa en Oia sobre o Programa LEADER Galicia 2014-2020 e sobre o proceso participativo para a elaboración da estratexia

 

08/06/2016

 

O mércores 8 de xuño levaráse a cabo unha reunión informativa na Casa da Cultura de Pedornes, en Oia, na que se informará ás asociacións e poboación do eixo atlántico do territorio do GDR 14 sobre a importancia do Programa LEADER Galicia 2014-2020 e sobre cómo involucrarse no proceso participativo para a elaboración da estratexia de desenvolvemento local. Están chamados á mesma todos os axentes sociais, asociacións, entidades de todo tipo e poboación interesada en promover proxectos no marco do GDR.

Reunión de traballo para a validación participativa do borrador de Liñas de Actuación e Plan de Acción

 

02/06/2016

 

O vindeiro martes 7 de xuño ás 19:00 no CDL de Mos terá lugar unha reunión de traballo da segunda fase do proceso participativo, no que se traballará para a validación do borrador de Liñas de Actuación e Plan de Acción.

 

Borrador Liñas de Actuación e Plan de Acción

 

Como chegar (Axencia de Colocación de Mos)

Reunión informativa en Tui e Redondela

 

02/06/2016

 

Hoxe terán lugar en Tui e Redondela reunións informativas para toda aquela persoa que quera asistir, nas que o persoal técnico do GDR informará sobre o proceso participativo, o Programa LEADER Galicia e a oportunidade que supón para o desenvolvmento rural do territorio. É especialmente importante para entidades e axentes locais da zona, así como para potenciais particulares promotores de proxectos no vindeiro periodo de axudas.

 

A reunión en Tui celebraráse na sala Félix Rodríguez, área panorámica ás 20:00h

 

En Redondela celebraráse na Casa Cultural, tamén ás 20:00h

Reunión de traballo para a validación participativa do borrador das Necesidades de Desenvolvemento, Potencial e Obxectivos Estratéxicos do territorio

 

31/05/2016

 

O vindeiro martes 31 de maio ás 19:00 no CDL de Mos terá lugar a primeira reunión de traballo da segunda fase do proceso participativo, no que se traballará para a validación do borrador das Necesidades de Desenvolvemento, Potencial e Obxectivos Estratéxicos do territorio, así como no Plan de acción.

 

Como chegar (Axencia de Colocación de Mos)

Reunión informativa en Porriño

 

26/05/2016

 

Hoxe terá lugar en Porriño unha reunión informativa para toda aquela persoa que quera asistir, no que o persoal técnico do GDR informará sobre o proceso participativo, o Programa LEADER Galicia e a oportunidade que supón para o desenvolvmento rural do territorio. É especialmente importante para entidades e axentes locais da zona, así como para potenciais particulares promotores de proxectos no vindeiro periodo de axudas.

 

Como chegar

Presentación do documento da Fase 1 do proceso participativo: Diagnose socioeconómica e Analise DAFO

 

19/05/2016

 

A Reitoral de Petelos de Mos acolleu a presentación do documento resultado da primeria fase do proceso participativo: O diagnóstico socioeconómico e análise DAFO. Os alcaldes do territorio e o persoal técnico co GDR presentaron este documento aos medios e a poboación en xeral.

Reunión co persoal técnico de emprego dos Concellos do territorio

 

12/05/2016

 

Onte o persoal do GDR reuniuse co persoal técnico de emprego dos Concellos do territorio GDR e estableceron as súas liñas de participación no proceso participativo.

diagnostico

Validación participativa do Diagnóstico técnico do territorio

29/04/2016

pdf BORRADOR DIAGNOSTICO

O primeiro paso do proceso participativo é a validación do diagnóstico elaborado polo persoal técnico do GDR. A validación deste documento significa que toda persoa que quera propor cambios, suxestións, modificacións, etc pode facelo. Hai dous vías de participación:

Presencial: 

A primeria reunión de traballo será o xoves 5 de maio ás 19:00 no Centro de Colocación de Mos (Avda. Peinador 39, Mos)

A segunda reunión de traballo será o xoves 12 de maio ás 19:30 no Centro Neural de Gondomar (Av. Don Diego Sarmiento de Acuña, 4, Gondomar)

Telemática:

Podes enviar as túas suxestións a info@eurural.org ou cumprimentar o seguinte formulario 

Reunión Asamblea e Mesas sectoriais GDR

 

27/04/2016

 

Comezando con moita forza! Onte celebrouse a Asamblea Xeral Extraordinaria e reunión das mesas sectoriais do GDR. Moitas grazas pola vosa participación. Vos deixamos algunhas fotos da xornada!

formacion

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

 

26/04/2016

 

O vindeiro 26 de abril ás 19:30 na sede do GDR en Mos se celebrará a Asemblea Xeral Extraordinaria. Recordamos aos socios e socias que poden consultar aquí toda a información.

 

Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria