O teu Xacobeo – Música e viño no teu camiño 2019

‘Música e Viño no Teu Camiño’, un proxecto promovido pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural e beneficiario do programa O teu Xacobeo impulsado pola Xunta de Galicia, xurde da necesidade de achegar o Camiño de Santiago aos peregrinos e á poboación local dende unha perspectiva nova, diferente, orixinal e atractiva.

 

Polas nosas terras pasan dous Camiños: o Camiño Portugués (Tui, O Porriño, Mos e Redondela) e o Camiño Portugués pola Costa (A Guarda, O Rosal, Oia, Baiona, Nigrán e Redondela). Iso convértenos no primeiro contacto con Galicia dende outro país, salvando a fronteira entre España e Portugal e atraendo a moito público da outra beira do Miño, e despedindo aos peregrinos de ambos camiños en Redondela, onde conflúen.

 

Obxectivo

 

O obxectivo é facer unha benvida e unha despedida diferente para estes peregrinos, misturando as súas experiencias cós da poboación local, poñendo en valor os nosos recursos patrimoniais: escoitando música ao carón dun viño nun lugar especial. Por este motivo, ao abeiro do proxecto celebraranse tres eventos musicais que se realizarán en tres lugares de destacado patrimonio natural e cultural ao longo do Camiño: a Praza do Reló, da Guarda; a Praza da Catedral de Tui e na Praza da Torre a carón do albergue de peregrinos no Concello de Redondela.

 

Concertos ao aire libre e de entrada gratuíta no que actuarán grupos musicais galegos que fan música actual en distintos idiomas, buscando a universalidade dos eventos e invitando a participar de forma activa a todas aquelas persoas que chegan ao Camiño dende máis alén das nosas fronteiras. E serán actuacións musicais ao carón dun viño da Denominación de Orixe Rías Baixas (subzona O Rosal) para poñer en valor o produto e dalo a coñecer a todas as persoas visitantes.

 

Un xeito diferente de involucrar a visitantes (turistas e peregrinos), poboación local, sector privado, sector público e entidades e asociacións sen ánimo de lucro nun mesmo proxecto que xerará ao territorio beneficios naturais, sociais, culturais e económicos.

Datas

 

Bótalle un ollo ás datas, localidades e grupos que tocarán en cada un destes eventos. Serán tres eventos musicais nos que participarán tres grupos recoñecidos do territorio: The Soul Jacket, The Pretty Shirts e Best Boy. Para que todas as persoas desfruten dunha xornada agradable, arredor crearase un espazo gastronómico con produtos locais e cos viños das adegas Quinta de Couselo, Terras Gauda e Adegas do Vimbio.

 

Os eventos comezarán a partir das 20.30 h. Todos os concertos serán de entrada libre e gratuíta.

 

Galería

Proxecto participativo

 

E queremos que sexa un proxecto participativo, no que a poboación local teña cabida e voz. Por iso, púxose en marcha unha votación para que os veciños e veciñas foran os que escolleran o logo que máis lles gustara para que se convertera na imaxe que representara a ‘Música e Viño no Teu Camiño’. Presentáronse cinco propostas a escoller.

E aquí tes os resultados.

 

Esta encuesta ha terminado (desde 5 años).

Prazo de votación rematado. A continuación preséntanse os resultados en porcentaxes.

Votar logo 1
40.74%

Votar logo 2
22.22%

Votar logo 3
14.81%

Votar logo 4
14.81%

Votar logo 5
7.41%
logo-concello-a-guarda
logo-concello-de-redondela
logo-concello-de-tui
logo-quinta-de-couselo
logo-terras-gauda
logo-adega-do-vimbio
logo-xunta
logo-xacobeo