Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) son entidades de natureza asociativa sen ánimo de lucro, integrados por un grupo de socios públicos e privados locais dun territorio determinado e que deseña e aplica unha estratexia de desenvolvemento local participativa para o seu territorio de actuación.
No período actual de programación comunitaria en Galicia contamos con 24 GDR dos cales o noso se corresponde co GDR 14.
Para aplicar a súa Estretexia de Desenvolvemento Local Participativa, o GDR 14 ten asinado un convenio de colaboración coa Axenvia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) dependente da Consellería de Medio Rural, para a xestión e aplicación do Programa Leader 2014 – 2020 no noso territorio.
O GDR 14 abarca 13 concellos: Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.