Nó rural

logo_00

Proxecto

Incorporando Ilusións é un proxecto de cooperación entre Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia e é unha iniciativa para o acompañamento da xuventude interesada en coñecer mellor as oportunidades que hai nos ámbitos rurais para desenvolver o seu proxecto profesional e persoal.
A través desta rede para animar a incorporación de persoas no sector primario, pretendemos fomentar a emprendeduría e mellorar a empregabilidade, conectándo ás empresas das áreas rurais co talento da xuventude, mellorando a coordinación e o traballo en rede das administracións públicas, empresas, centros educativos e universidades pola permanencia ou retorno ao rural.
O obxectivo principal do proxecto é incentivar e facilitar o retorno e a inserción laboral da xuventude nas zonas rurais, dinamizando e diversificando a economía dos nosos territorios.

 

Socios

Asociación Seitura 22 ( Grupo coordinador), Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, Asociación para o Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo, Grupo de Desenvolvemento Rural Límia – Arnoia, Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos e Asociación de Desenvolvemento Terra Chá

 

Financiamiento

O proxecto está cofinanciado nun 90% pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural a través da submedida LEADER 19.3 Cooperación, do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, en un 10% polas entidades socias do proxecto.

 

Máis información na web: https://norural.gal/

Plataforma de emprego: https://traballo.norural.gal/

Máis información nas redes sociais:

Galería