Maridaxe showcooking na Feira do Viño do Rosal con selo de Eurural

Maridaxe showcooking na Feira do Viño do Rosal con selo de Eurural

Maridaxe showcooking na Feira do Viño do Rosal con selo de Eurural

O chef galego Iván Méndez estivo tras os fogóns mentres que os sumillers Luis e Alejandro Paadín maridaron os pratos cos caldos rosaleiros

 

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural achegou o seu gran de area á XXVIII Feira do Viño do Rosal, a edición máis especial e distinta das vividas ata o de agora, unha feira cunha programación virtual deseñada para chegar a todos os recunchos do territorio pero coidando da saúde de todas as persoas. Eurural colaborou cunha das actividades máis suculentas da Feira: unha maridaxe showcooking na que casar deliciosos pratos feitos con produtos galegos cos caldos rosaleiros.

Maridaxe showcooking na Feira do Viño do Rosal con selo de EururalO chef Iván Méndez preparou primeiro, segundo e terceiro prato mentres os sumilleres Luis e Alejandro Paadín detallaban os viños máis acaídos para estes manxares. Tres grandes mestres tras os fogóns e na cociña nun escenario único como foi as adegas Altos de Torona.

Tempura de albariño, mexillón de Galicia e zamburiñas teriyaky para abrir boca; filloas de zorza, queixo San Simón e pementos de Padrón para continuar e un delicioso arroz cremoso de gambones, berberechos e alga Codium para rematar foi o menú proposto polo chef galego.

Esta actividade enmárcase dentro da iniciativa de animación e difusión realizadas por Eurural ao abeiro do programa Leader 2014-2020 que conta coa co-financiación da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. Trátase dunha das accións levadas a cabo para potenciar o produto local.