Máis de 130 persoas celebraron o aniversario de María Vinyals no Castelo de Soutomaior cun desafío de Eureka Reto Rural

Máis de 130 persoas celebraron o aniversario de María Vinyals no Castelo de Soutomaior cun desafío de Eureka Reto Rural

O equipo “Os Caspers”, o máis rápido en rematar o xogo, gañou unha experiencia en Terras Gauda, na que se inclúe unha visita ao viñedo e á bodega, unha cata de viños e picoteo

A última cita terá lugar en Redondela o 20 de setembro. Inscricións xa abertas na web

O Castelo de Soutomaior foi o encargado de acoller ás cerca de 130 persoas que aceptaron un novo desafío de “Eureka Reto Rural”. Unha actividade divertida e orixinal para tódolos públicos coa que EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño continúan a desvelar os segredos do territorio e que neste caso permitiu conmemorar a figura da escritora e feminista María Vinyals, coincidindo coa data do seu nacemento no propio castelo no 1875.

O equipo ‘Os Caspers’ foi o que rematou o xogo con maior rapidez, polo que poderá desfrutar dunha unha experiencia en Terras Gauda, na que se inclúe unha visita ao viñedo e á bodega, unha cata de viños e picoteo. Pola súa parte, os ganadores do sorteo foron “Tartaruguiñas”, “Xa” e “Teixeira”, que se levaron cada un unha cesta de produtos locais, entre os que se incluía unha botella de Albariño de Soutomaior.

Aquelas persoas que non tiveron a oportunidade de achegarse o pasado mércores á cita en Soutomaior poderán desfrutar do escape room de forma libre.  A actividade continuará aberta e dispoñible para todos os públicos durante un mes a través da web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.

‘Eureka Reto Rural’ encárgase de levar a súa aventura polos 14 concellos do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, explorando a través de xogos de escapismo virtuais os diferentes recunchos e historias dos municipios. O último destes retos,  e polo tanto a última oportunidade para participar, terá lugar en Redondela o 20 de setembro, baixo a temática de “A historia da nosa vila”.

Aquelas persoas que teñan interese en participar neste último escape room deberán inscribirse de forma individual a través do formulario habilitado na web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. Nesta mesma páxina web atoparán toda a información sobre o punto de encontro e o horario da proba.