III Foro da Muller Rural Galega 2023

O ROSAL

Luisa Alonso

Homenaxeada

A GUARDA

Ana Álvarez Priego

Pescados Narcisa

BAIONA

Patricia Gómez Alonso

Vouxers

GONDOMAR

María Alonso Fajo

Alimentación María

FORNELOS DE MONTES

Teresa Covelo Lores

Casa Niño “Curuxa de Lúa”

MOS

Carmen Soliño Alonso

Muebles Soliño

NIGRÁN

Judith García Llamas

Centro de equitación “Llamas de Cea”

OIA

Josefa Mariño Estévez

Percebeira

O PORRIÑO

Vanesa Casalmorto Rodríguez e Marisé Casalmorto Rodríguez

Herboristería Dietsana

PAZOS DE BORBÉN

Ana Míguez Dacosta

Héroes para la Ciencia

REDONDELA

Merchi Alonso Vázquez e Anuska Couñago Gómez

Florería AyM

O ROSAL

María Fandiño Iglesias

Paisaxe Arquitectura

TOMIÑO

Kinga Maculewicz

Kinga Trainer

TUI

Ana María Alonso Pérez

Cabuxa – Tenda artesanal de artigos en pel

O “Foro da Muller Rural Galega” é unha iniciativa posta en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural para conmemorar cada ano o 15 de outubro, Día da Muller Rural.
 
Con esta iniciativa, desde a Asociación prentendemos dar voz a todas esas mulleres que apostaron por formar parte do rural, traballando, vivindo, transformando e axudando a mellorar o noso territorio.
 
É un recoñecemento ao importante papel que as mulleres desempeñan no noso rural, e que pretende servir de exemplo para outras tantas mulleres, demostrando que se pode emprender no rural, se pode vivir no rural, se pode transformar o rural e que xuntas somos máis fortes.
 
O foro pretende ser un lugar de encontro no que “Compartimos Experiencias e Visibilizamos Realidades”. As nosas mulleres son as protagonistas e cada unha, presenta a súa iniciativa de desenvolvemento no rural.
 
Tras a lectura do Manifesto do día da Muller Rural, o acto remata coa entrega do recoñecemento á muller homenaxeada da edición, por toda unha vida defendendo e impulsando os valores da igualdade e dinamizando a sociedade e o noso territorio.
 
A muller homenaxeada nesta terceira edición foi Luisa Alonso, fundadora de Exclusivas Alonso, un exemplo de emprendemento feminino e aposta polo rural. Tras o mostrador do seu comercio viviu a transformación agraria do Rosal, actualizándose e adaptándose aos novos tempos.
 
Este Foro promete ser unha importante ferramenta para o coñecemento e a divulgación e cada ano se celebrará unha edición, coincidindo co día da Muller Rural.

Galería do evento