II Foro da Muller Rural Galega

TOMIÑO

Clara Pousa

Homenaxeada

A GUARDA

Nuria Villa Vicente

Petit de la Crème – Nuvi & éxfico

BAIONA

Mar Lago Giráldez

Glamping do Mar

GONDOMAR

Paula Fernández Fraga

Pazo da Escola

FORNELOS DE MONTES

Elisabet Lage Muíños

Casa Rural Magina

MOS

Carla Valle Pérez

Clínica de podología

NIGRÁN

Silvia Mollinedo García

Gardian Joyas

OIA

Carmen B. Puertas e Quina M. Puertas

Casa Rural Casa Puertas

O PORRIÑO

Estefanía Grandal Leiros

Encaixe – Estudio de Arquitectura

PAZOS DE BORBÉN

Angélica Lage Tellado

Artesana

REDONDELA

Inés Tornero Viñas

Confección de bolsos

O ROSAL

Marisol e Raquel Otero Fernández

Augaluz Florista

TOMIÑO

Mariví Álvarez Fernández

Acubam

TUI

Natalia Rodríguez Estévez

Bodega Corisca

O “Foro da Muller Rural Galega” é unha iniciativa que xurde desde a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural no ano 2021 e que se celebrou por primeira vez en Tui o 15 de outubro, día no que se conmemora o Día da Muller Rural.

 

Con esta iniciativa, desde a Asociación prentendemos dar voz a todas esas mulleres que apostaron por formar parte do rural, traballando, vivindo, transformando e axudando a mellorar o noso territorio.

 

É un recoñecemento ao importante papel que as mulleres desempeñan no noso rural, e que pretende servir de exemplo para outras tantas mulleres, demostrando que se pode emprender no rural, se pode vivir no rural, se pode transformar o rural e que xuntas somos máis fortes.

 

O foro pretende ser un lugar de encontro no que “Compartimos Experiencias e Visibilizamos Realidades”. As nosas mulleres son as protagonistas e cada unha, presenta a súa iniciativa de desenvolvemento no rural.

 

Tras a lectura do Manifesto do día da Muller Rural, o acto remata coa entrega do recoñecemento á muller homenaxeada da edición, Clara Pousa, por toda unha vida defendendo e impulsando os valores da igualdade e dinamizando a sociedade e o noso territorio.

 

Este Foro promete ser unha importante ferramenta para o coñecemento e a divulgación e cada ano se celebrará unha edición, coincidindo co día da Muller Rural.

Galería