Eurochef, A Chef At The Rural (1st Edition)

Logo-eurochef

Proxecto

Eurochef, é un proxecto de cooperación transnacional entre grupos de desenvolvemento rural de Galicia e Romanía, no que a Asociación De Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural é o grupo coordinador.
O obxectivo xeral é alcanzar un desenvolvemento económico sostible poñendo en valor os produtos locais e os territorios, tendo como base a gastronomía, o patrimonio e a cultura. O proxecto pretende por en valor os produtos gastronómicos locais para fomentar o seu consumo, así como difundir as tradicións gastronómicas dos territorios socios e crear unha estratexia conxunta para acceder a outros mercados por enriba das fronteiras.
Con Eurochef perseguimos, mellorar a rendibilidade económica das empresas produtoras e transformadoras do territorio así como das empresas vinculadas ao sector turístico, favorecer a transferencia de coñecemento e das tradicións gastronómicas, creando novas elaboracións con produto local a través da fusión con cociñas doutros países, incrementando o nivel de coñecemento e formación da poboación local vinculada á gastronomía, divulgando unha dieta saudable vinculada ao produto local, creando lazos con novos mercados que permitan as nosas produtoras acceder aos mercados sen intermediarios, integrando nos novos produtos turísticos a gastronomía e a posta en valor dos recursos culturais e patrimoniais, facilitando a participación das nosas empresas en foros e feiras e creando unha estrutura máis alá do proxecto que consolide a rede e a durabilidade das ferramentas xeradas co proxecto que capitalice o coñecemento e a experiencia do proxecto.

Socios

Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural (Grupo coordinador), Asociación de Desenvolvemento Terras de Pontevedra Norte e GAL Bucovina de Munte ( Romanía).

Entidades Colaboradoras

O proxecto conta coa participación activa e contribución ao financiamento do proxecto do Concello de Agolada, Concello de Forcarei, Concello de Silleda, Concello de Vila de Cruces, Concello de Lalín, Concello de Dozón, Concello da Estrada e Concello Rodeir, La Torta S.L., Mirabel do Rosal, Pazo de Valdomiño S.A, Kiwi Atlántico S.A, Hermanos Cabanas Lalín S.L., Gastro Galicia, Rivero Alimentación S.L, Iván Méndez Álvarez e Adegas Castrobrey S.L.

Financiamiento

O proxecto está cofinanciado nun 90% pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural a través da submedida LEADER 19.3 Cooperación, do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, en un 10% polas entidades colaboradoras do proxecto.

Máis información nas redes sociais:

Galería do evento