Escola Eu Rural

A ESCOLA EU RURAL é un instrumento da ADR concebido para ofrecer formación e información á poboación en xeral e aos traballadores e colectivos sociais implicados no medio rural.

 

A través da ESCOLA EU RURAL programaranse e coordenaranse accións de formación, difusión e sensibilización dirixidas a ampliar o nivel de coñecemento e capacitación da poboación e dos actores locais en materias diversas relacionadas co desenvolvemento rural, como son a produción agraria e forestal, a dinamización e diversificación socioeconómica do territorio, o benestar social e a mellora da calidade de vida da poboación ou a conservación dos recursos e a sostibilidade ambiental.

logoescolaeurural

Proximamente…

creandorural-logo

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural pon en marcha o proxecto ‘Creando Rural’ (na súa segunda edición – 2019). O proxecto busca divulgar dun xeito diferente e creativo coñecementos vinculados ao desenvolvemento sostible do rural, á vez que se da a coñecer a Medida Leader.

 

A través dun concurso escolar participativo, implícase a un novo colectivo do territorio: os nenos e nenas da contorna, que traballarán nas aulas con unidades didácticas adaptadas ao seu nivel educativo e presentarán a concurso proxectos relacionados coa Medida Leader e o territorio rural.

PROGRAMAS FINALIZADOS

Coas mans na masa - Edición 2021

Coas mans na masa

logo-coas-mans-na-masa

Edición 2021

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, dentro do traballo de animación, formación e posta en valor do noso territorio, pon en marcha unha nova edición do itinerario formativo ‘Coas mans na masa’. Trátanse de cursos dirixidos a toda a poboación dos concellos que conforman o GDR 14 nos que se tratará de facer chegar ás persoas participantes coñecementos sobre a elaboración artesanal de conservas con produtos da contorna e de ungüentos naturais.

Namórate de ti 2020

Namórate de ti – 2020

Exposición fotográfica «Namórate de ti» edición 2020

 

  • LUGAR: Pazo de Mos
  • INAUGURACIÓN: 29 de outubro
  • HORARIO: Ás 19:30
cartel-exposicion
Coas mans na masa - Edición 2020

Coas mans na masa

¡Novo! Edición 2020

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, dentro do traballo de animación, formación e posta en valor do noso territorio, pon en marcha o itinerario formativo ‘Coas mans na masa’. Trátase dun curso dirixido a toda a poboación dos concellos que conforman o GDR 14 no que se tratará de facer chegar ás persoas participantes coñecementos sobre a elaboración artesanal de conservas con produtos da contorna e de ungüentos naturais e outro curso dirixido a profesionais da hostelería onde se falará da cociña creativa con produtos locais.

logo-mans-na-masa

Actividades «Elaboración artesanal de unguentos naturais» e «Elaboración artesanal de conservas»

No ano 2020 impartiranse seis cursos nos concellos de A Guarda, Tui, Baiona, O Rosal, Mos e Gondomar. As persoas participantes aprenderán a realizar diferentes métodos de conservación de produtos agrarios de tempada, así como técnicas de hixene, seguridade e saúde na elaboración destas conservas e dos ungüentos.

Actividade «Cociña creativa con produtos locais» para profesionais da hosteleria | Novas datas!

O Porriño: Prazas agotadas!
Redondela: 7, 8 e 9 de setembro

Durante o 2020 impartiranse catro cursos nos concellos de Nigran, Tomiño, O Porriño e Redondela. Os hosteleiros participantes aprenderán como facer unha cociña creativa con produtos locais.

Namórate de ti 2019

Namórate de ti

INAGURACIÓN EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

 

VENRES 25 DE OUTUBRO ÁS 19:00h

  • LUGAR: Centro Goianés (Av. Ordoñez nº54 Tomiño)
  • DATAS: Dende o 25 outubro ata o 9 de novembro.

CLAUSURA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

 

SÁBADO 9 DE NOVIEMBRE ÁS 19:00h

  • LUGAR: Centro Goianés (Av. Ordoñez nº54 Tomiño)
namorate-de-ti-clausura-web
Coas mans na masa - Edicións 2018-2019

Coas mans na masa

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, dentro do traballo de animación, formación e posta en valor do noso territorio, pon en marcha o itinerario formativo ‘Coas mans na masa’. Trátase dun curso dirixido a toda a poboación dos concellos que conforman o GDR 14 no que se tratará de facer chegar ás persoas participantes coñecementos sobre a elaboración artesanal de conservas con produtos da contorna e de ungüentos naturais.

logo-mans-na-masa

Edición 2018 – 2019

Entre o 2018 e o 2019 impartiranse nove cursos nos concellos de Pazos de Borbén, Tomiño, Mos, Oia, Gondomar, A Guarda, Redondela, O Rosal e Baiona. As persoas participantes aprenderá a realizar diferentes métodos de conservación de produtos agrarios de tempada, así como técnicas de hixene, seguridade e saúde na elaboración destas conservas.

 

Ver cartel coa programación

Edición 2019

Neste ano 2019 impartiranse seis cursos nos concellos de Pazos de Borbén, Oia, Gondomar, O Porriño, Tui e A Guarda. As persoas participantes aprenderán a realizar diferentes métodos de conservación de produtos agrarios de tempada, así como técnicas de hixene, seguridade e saúde na elaboración destas conservas e dos ungüentos.

 

Ver cartel coa programación

Creando rural 2019

Creando Rural 2019

creandorural-logo

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural pon en marcha o proxecto ‘Creando Rural’ (na súa segunda edición – 2019). O proxecto busca divulgar dun xeito diferente e creativo coñecementos vinculados ao desenvolvemento sostible do rural, á vez que se da a coñecer a Medida Leader.

 

A través dun concurso escolar participativo, implícase a un novo colectivo do territorio: os nenos e nenas da contorna, que traballarán nas aulas con unidades didácticas adaptadas ao seu nivel educativo e presentarán a concurso proxectos relacionados coa Medida Leader e o territorio rural.

Creando rural 2018

Creando Rural 2018

creandorural-logo

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural pon en marcha o proxecto ‘Creando Rural’ como iniciativa de animación para 2018-2019. O proxecto busca divulgar dun xeito diferente e creativo coñecementos vinculados ao desenvolvemento sostible do rural, á vez que se da a coñecer a Medida Leader.

 

A través dun concurso escolar participativo, implícase a un novo colectivo do territorio: os nenos e nenas da contorna, que traballarán nas aulas con unidades didácticas adaptadas ao seu nivel educativo e presentarán a concurso proxectos relacionados coa Medida Leader e o territorio rural.

Un chef no rural

Un chef no rural

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, entidade responsable da execución da Medida Leader 2014-2020 no territorio do GDR 14, vén de poñer en marcha a súa iniciativa ‘Un chef no rural’, dirixido á poboación en xeral.

 

Trátase dunha demostración culinaria a cargo do recoñecido chef galego Iván Méndez que durante o mes de xuño percorrerá cinco dos concellos que forman parte do territorio do GDR 14: Mos, Baiona, Tomiño, Redondela e Tui. En cada un dos encontros, Méndez empregará produtos agrícolas e gandeiros do territorio co obxectivo de poñelos en valor.

 

Entrada de balde ata completar aforo.

 

Ver cartel coa programación

 

 

****AVISO URXENTE***

Cambio de data da demostración culinaria de Mos. A nova data será o 27 de xuño ás 20.00 h, no mesmo escenario, o Pazo de Mos.

 

 

Cos pes na terra

Cos pes na terra

logo-cos-pes

Actividades de información e demostración promovidas pola entidade ADR MAIV – Baixo Miño, e financiadas ao 75% polo FEADER no Marco do PDR Galicia 2014-2020. Dirixidas a poboación e persoas traballadoras do medio rural e do ámbito agrario, forestal e  agroalimentario do territorio da ADR MAIV – Baixo Miño. As accións desenvolveranse entre agosto e outubro de 2017 e febreiro e marzo de 2018.

 

Executaranse principalmente no concello de Tomiño e terán un forte carácter práctico, coa colaboración de viveiros da zona.

 

Para participar é obrigatorio presentar inscrición previa debidamente cumprimentada para cada  unha das acción. Os solicitantes recibirán posteriormente confirmación da súa admisión na actividade solicitada.

Actividades de información e demostración

“ENXERTOS EN PLANTAS DE VERÁN”           

28 e 29 de agosto de 2017. 16 – 21 horas.

4 e 5 de setembro de 2017. 16 – 21 horas.

Salón de Plenos do Concello de Tomiño.

20 horas de duración.

20 prazas.

Santiago Ramos Rodríguez.

 

“PREPARACIÓN DE SOLOS, PODAS E VARIEDADES EN ESPECIES FROITEIRAS ATLÁNTICAS”

6 de setembro de 2017. 16 – 20.30 horas.

7 de setembro de 2017. 10 -14 horas e 16 – 20.30 horas.

8 de setembro de 2017. 9.30 – 14 horas.

22 de setembro de 2017. 19 – 21.30 horas.

Salón de Plenos do Concello de Tomiño.

20 horas de duración.

20 prazas.

Jose Luis Álvarez Fernández (días 6, 7 e 8 de setembro).

Francisco Otero Otero (día 22 de setembro).

 

“FERRAMENTAS PARA EMPRENDER”

11, 14, 18 e, 21 de setembro de 2017. De 17 horas a 20 horas.

Salón de Plenos do Concello de Tomiño.

12 horas de duración.

Prazas limitadas, previa inscrición, ata o límite do aforo.

Gonzalo Garre Rodas.

 

“A EXPERIENCIA DE ESPECIES FROITEIRAS NOUTROS TERRITORIOS: VISITA A ASTURIAS”

28 e 29 de setembro de 2017.

2 días de duración.

30 prazas.

Jose Luis Álvarez Fernández (Coordinador).

“PRAGAS: SISTEMAS DE CONTROL E NOVAS TECNOLOXÍAS NO EMPREGO DE PRODUTOS FITOSANITARIOS” – (ACUBAM)

2, 3, 9 e 10 de outubro de 2017. 16 – 21 horas.

Salón de Plenos do Concello de Tomiño.

20 horas de duración.

30 prazas.

Jose Luis Andrés Ares.

 

“USO EFICIENTE DA AUGA  NAS EXPLOTACIÓNS” – (ACUBAM)

13 de outubro de 2017. 16 – 21 horas.

14 de outubro de 2017. 9 – 14 horas.

20 de outubro de 2017. 16 – 21 horas.

21 de outubro de 2017. 9 – 14 horas.

Salón de Plenos do Concello de Tomiño.

20 horas de duración.

30 prazas.

Rafael Carrera Díaz.

 

“NOVAS ALTERNATIVAS PARA O AGRO: NETWORKING SOBRE VENDAS”

19 de outubro de 2017. 10 – 14 horas  e  16 – 20 horas.

Salón de Plenos do Concello de Tomiño.

8 horas de duración.

Prazas limitadas, previa inscrición, ata o límite do aforo.

Gonzalo Garre Rodas (Coordinador).

 

 “ENXERTOS EN PLANTAS DE INVERNO”

5 e 6 de febreiro de 2018. 16 – 21 horas.

5 e 6 de marzo de 2018. 16 – 21 horas.

Salón de Plenos do Concello de Tomiño.

20 horas de duración.

20 prazas.

Santiago Ramos Rodríguez.

O ben feito ben parece

O ben feito ben parece

Para todas as empresas, tanto pequenas como grandes, é moi importante a visión que o cliente teña delas. En moitos casos, o escaparate é a primeira imaxe que da un negocio. Coa idea de axudar a crecer e mellorar ao comercio local, a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural comeza o itinerario formativo ‘O ben feito, ben parece’, un curso destinado á poboación do territorio que axude a adquirir coñecementos tanto para emprededores como para o comercio local vinculados ao escaparatismo, á presentación do produto, á paquetería comercial e ao visual merchandising.

 

Ao longo destes cursos, que se impartirán en catro concellos do territorio do GDR 14, as persoas participantes adquirirán os coñecementos e as habilidades necesarias para desenvolver o escaparate perfecto, tendo en conta dende os puntos de atracción visual ou os tipos de decoración máis axeitada para visibilizar os produtos e favorecer as compras.