O AGROLAB BAIXO MIÑO, é un programa formativo enmarcado nun proxecto que busca identificar novas oportunidades de emprego na comarca e pretende coñecer de primeira man como poñer en marcha unha cooperativa para a elaboración de conservas artesanais de froitas e verduras no Baixo Miño.
Tem inicio o vindeiro 8 de outubro, nas instalacións da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste – EU Rural.
O programa consta de 100 horas de formación sectorial e específica, así como acompañamento de expertos e mentores cunha metodoloxía práctica e moi dinámica.
Os participantes contarán cunha axuda para o desprazamento.
O programa desenvolverase en horario de mañán, con sesións de luns a venres en horario de 9:00 a 15:00.
Lugar: Avda. Peinador-Tameiga – 39 (MOS).