Aberta a convocatoria de axudas da submedida Leader para as anualidades 2021-2022 no Grupo de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural

Aberta a convocatoria da submedida Leader para as anualidades 2021-2022 no Grupo de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural

Aberta a convocatoria de axudas da submedida Leader para as anualidades 2021-2022 no Grupo de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural

Poderán ser beneficiarios destas subvencións persoas emprendedoras, empresas existentes, comunidades de montes veciñais en man común, entidades sen ánimo de lucro e entidades públicas locais

As solicitudes presentaranse por sede electrónica, á que se pode acceder directamente dende a web de Eu Rural

 

Xa está aberta a nova convocatoria de axudas para a execución de proxectos ao abeiro da submedida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 para as anualidades 2021 e 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. Esta convocatoria conta cunha contía global de 13 millóns de euros (5,2 millóns para a anualidade 2021 e 7,8 millóns na de 2022) para toda Galicia, dos que arredor de 468.000 euros irán destinados a proxectos postos en marcha no GDR 14.

As axudas están dirixidas a persoas emprendedoras, empresas existentes no territorio de todos os sectores, comunidades de montes veciñais en man común, entidades sen ánimo de lucro, así como entidades públicas de carácter local que teñan previsto a posta en marcha de proxectos de carácter produtivo e non produtivo no territorio de actuación de Eu Rural.

As persoas ou entidades interesadas terán de prazo ata o vindeiro 3 de xuño para presentar as súas solicitudes a esta convocatoria, tramitada por concorrencia competitiva, é dicir, na que se valorará a calidade e viabilidade do proxecto, entre outros indicadores.

Poden atoparse as bases completas da convocatoria na web de Eu Rural, así como o enlace directo á sede electrónica para proceder á tramitación da solicitude.