Soutomaior celebra o aniversario de María Vinyals no seu Castelo cun desafío de Eureka Reto Rural

Soutomaior celebra o aniversario de María Vinyals no seu Castelo cun desafío de Eureka Reto Rural

Trátase da penúltima actividade celebrada dentro do marco da iniciativa de EuRural e Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

Terá lugar o mércores 14 de agosto ás 11.00h. Inscricións xa abertas na web

“María Vinyals” será a protagonista do próximo desafío Eureka Reto Rural, nada máis nin nada menos que no lugar que a viu nacer, o Castelo de Soutomaior, na data na que estaría de aniversario. Este novo percorrido, posto en marcha por EuRural e Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, é unha forma orixinal de achegarse á súa historia mentres se van superando retos, nunha cita de balde e para tódolos públicos.

Aqueles que se animen a participar, poderán aprender o mércores 14 de xullo un pouco máis sobre a figura desta escritora e precursora, entre outras, do feminismo en Galicia.

O escape room dará comezo ás 11.00 h e partirá do Castelo de Soutomaior, onde os xogadores e xogadoras poderán superarse nunha cita circular e fácil. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse de forma intividual a través do formulario habilitado na web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. A pesar de ser unha actividade para tódalas idades, todas e todos os menores de 12 anos deberán acudir acompañados dunha persoa adulta. E, para aquelas persoas que non poidan desfrutar desta ruta o propio día 14, o escape room permanecerá aberto ao público durante un mes a través da web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.

A presidenta de EuRural, Sandra González, anima a todo o público a formar parte desta iniciativa de Eureka Reto Rural, “coa que nos mergullamos de cheo no verán con novos desafíos ao aire libre cos que coñecer novos recunchos do noso territorio, así como a historia e a tradición dos concellos que forman parte del. É un orgullo ver que proba a proba veciñanza e visitantes únense no desfrute dunha actividade que nos permite amosar o noso lado máis turístico dun xeito diferente e único”.

Pola súa parte, a Concelleira de Turismo de Soutomaior, Silvia Cernadas, expresou que, “o obxectivo fundamental con este Scape Room é o de conmemorar a figura de María Vinyals, motivo da súa celebración un 14 de agosto no Castelo de Soutomaior, xa que ela naceu no Castelo tal día en 1875. Coincidindo deste xeito o próximo ano coa celebración do 150 aniversario do seu nacemento. Polo tanto, o Eureka Reto Rural de EuRural e  Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño é unha ocasión perfecta para dar a coñecer a figura desta escritora e feminista ao gran público”.

O equipo ganador do escape room de Soutomaior poderá desfrutar dunha visita guiada a unha bodega do Rosal, cunha cata de diferentes viños e tapas galegas. Pola súa parte, o Concello sorteará entre os participantes tres cestas de produtos locais, entre os que se inclúe unha botella de Albariño de Soutomaior. E, para celebrar este evento, agasallará a todas aquelas persoas que participen con libreta e lapis coa imaxe de María Vinyals.

A última data, concello e temática dispoñible tras a ruta de Soutomaior será:

–        20 de setembro. Redondela. ‘A historia da nosa vila’.

 Toda a información pormenorizada das actividades, con horario e puntos de encontro están dispoñibles na web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.