Son de monte

Logo-Son-de-monte

Proxecto

O obxectivo principal de Son de Monte é crear unha REDE de traballo entre os diferentes axentes do territorio para contribuír de xeito activo á valorización do monte. Rede que nos permita ter un espazo de debate e de deseño das liñas xerais que debe seguir a valorización do monte, debullar como debe ser a relación das persoas propietarias e da veciñanza co monte e, ademais, crear o primeiro material de divulgación para os donos e donas das pequenas propiedades forestais.

Son de Monte emerxe da unión de seis Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia para iniciar experiencias piloto de xestión do monte: a rexeneración tras un incendio, a posta en valor do rebolo e do bidueiro, a recuperación do cultivo do centeo, a multifuncionalidade, o patrimonio e a compensación do CO2 en montes comunais.

 

Socios

Grupo de Desenvolvemento Rural Límia – Arnoia ( Grupo coordinador), Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, Asociación de Desenvolvemento Rural Montes e Vales Orientais, Asociación de Desenvolvemento Rural Condado – Paradanta e Asociación de Desenvolvemento Seitura 22.

 

Entidades Colaboradoras

O proxecto conta coa participación activa e contribución ao financiamento do proxecto do Concello de Tomiño, Concello de As Neves, Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común e a Asociación Galega de Tracción Animal.

 

Financiamiento

O proxecto está cofinanciado nun 90% pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural a través da submedida LEADER 19.3 Cooperación, do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020, en un 10% polas entidades colaboradoras do proxecto.

 

Máis información na web: sondemonte.gal

 

Máis información nas redes sociais:

Galería