Ampliación de instalacións produtivas en Plasmitec

Promotor: PLASMITEC 2000 S.L.

Concello: Tomiño

Puntuación: 43

Orzamento elixible do proxecto: 44.876,87 €

Importe da axuda: 16.052,30 €

Resumo do proxecto: Plasmitec Solutións é unha empresa que nace na parroquia tomiñesa de Goián e xa fai máis de 10 anos, e se dedica desde os seus inicios ao deseño e fabricación de tapóns e embalaxes especiais para botellas, utilizando como materias primas o plástico, a cerámica e o aceiro inoxidable.
A axuda do Leader nesta empresa foi destinada á ampliación das instalacións produtivas, incorporando unha nova máquina de inxección que favoreceu a ampliación da capacidade produtiva da empresa, e tamén a mellorar outros procesos de produción a través da instalacións dunha rede de abastecemento de aire comprimido, a instalación dunha rede informática con servidor para mellorar o fluxo da información dentro da propia empresa, a colocación de luminarias de LED nas instalacións, que favoreceron a redución do consumo eléctrico da planta, así como a instalación dunha batería de condensadores para neutralizar a enerxía reactiva xerada polas máquinas e reducir o consumo eléctrico así como axudar á previr as sobre descargas xeradas por este tipo de enerxías.

O Leader tamén contribuíu no equipamento e na adquisición de mobiliario para a creación dun pequeno laboratorio de ensaios dentro da propia instalación e dun espazo de almacenamento de materias dentro deste.

Previo

Execución

Repercusión nos medios de comunicación:

  • www
  • www