Xeodestino

enseada-de-san-simon

Formado polos concellos da Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui, o xeodestino Ría de Vigo e Baixo nace para impulsar a competitividade deste territorio, situándoo como o instrumento de referencia na súa planificación turística e desenvolvendo produtos turísticos de calidade baseados nos recursos, a identidade e a tradición a través dun sistema articulado que incorpora a todos os axentes da cadea de valor.

logo-concellos

A partir dunha xestión turística unificada e homoxénea do xeodestino, baseada na coordinación dos diferentes municipios pero sempre respectando a singularidade de cada un deles, preténdese mellorar a competitividade do sector turístico dos 14 concellos implementando medidas que faciliten a creación e comercialización de produtos turísticos, que estarán aliñados coa estratexia autonómica pero que ao mesmo tempo impulsarán un proceso de diferenciación do xeodestino na procura de turistas de calidade, respectuosos co medio e cunha maior capacidade de gasto.

desembucadura-rio-mino

Proceso participativo

 

 

Accede aos arquivos relacionados co Xeodestino

 

 

logo-galicia
logo-xacobeo
logo-xunta-de-galicia