Escuela profesional de hostelería del Baixo Miño

Promotor: Escuela profesional de hosteleria del Baixo Miño

Concello: O Rosal

Puntuación: 60,00

Orzamento elixible do proxecto: 400.000,00 €

Importe da axuda: 140.029,56 €

Resumo do proxecto: Creación dunha escola de formación profesional de hostalería, no que se combina a formación, coa oferta gastronómica da propia escola nas instalacións, a posta en valor dos recursos gastronómicos,  culturais e patrimoniais da zona, así como a contribución a mellorar o servizo turístico no territorio do Baixo Miño.

Ademais do deseño e impartir accións formativas de forma permanente, tamén ofertan as instalacións como punto permanente de degustación de produtos e pratos típicos, servizo de catering para eventos, punto de venda e exposición permanente de viños producidos no Baixo Miño, centro de negocios e cesión de espazos para a organización a nivel profesional de eventos, degustacións, reunións empresariais e demostracións de diversa índole.

Previo

Execución