Programa LEADER

Que é LEADER

a
Estratexia Europea 2020

Marca como obxectivo lograr un desenvolvemento territorial equilibrado e sostible das economías e comunidades rurais, incluíndo a creación e conservación do emprego.

a
Programa de Desenvolvemento Rural

O programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia foi adoptado oficialmente pola Comisión Europea o 18 de novembro de 2015, e nel presentanse as prioridades de Galicia no que respecta ao desenvolvemento das zonas rurais.

a
Medida LEADER 2014-2020

O enfoque Leader, como instrumento de desenvolvemento territorial integrado no nivel local, fomenta o desenvolvemento das zonas rurais, baseado nun sistema integrado, innovador e multisectorial, partindo dos recursos e necesidades endóxenas do territorio e dende unha perspectiva «de abaixo a arriba«

A iniciativa de planificación a teñen que ter as comunidades locais, que, organizadas en asociacións público-privadas como Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR), elaboran e executan una estratexia de desenvolvemento para un territorio determinado aproveitando os seus recursos.
Este enfoque ascendente implica un  reto de dinamización social para conseguir unha maior implicación da poboación na solución dos  problemas comúns que lles afectan e un maior compromiso nas actuacións que proxectan.