BORRADOR DIAGNOSTICO
Primeiro cuestionario para a validación participativa do borrador do diagnóstico do territorio
A Asociación de Desenvolvemento Rural Maiv – Baixo Miño executou no territorio os Programas de Desenvolvemento Rural Proder II e Leader Galicia 2007 – 2013. Na actualidade é a encargada de elaborar a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa para o novo Programa Leader 2014 – 2020 que se aplicará no nosos territorio. Nesta estratexia se determinan as medidas a financiar por medio deste programa buscando dar resposta ás necesidades que se detectan no territorio. Nesta fase na que nos atopamos, de Diagnóstico do territorio e identificación de necesidades de Desenvolvemento e potencialidades das nosas zonas, queremos contar coa súa COLABORACIÓN e PARTICIPACIÓN. Unha forma moi útil de participar e cumprimentando este formulario que apenas lle levará uns minutos, e a través do cal poderemos coñecer a súa valoración sobre a SITUACIÓN ACTUAL do territorio e as NECESIDADES que detecta no medio rural no que reside. Agradecémoslle de ante man o tempo e a dedicación empleada en contesta a estas preguntas, e os dados facilitados serán de uso exclusivo pola ADR MAIV – Baixo Miño e en ningún caso serán cedidos a terceiros.
Puntúe en escala de 1 a 10, tendo en conta que 1 significa “Moi Mal” e 10 “Moi ben”
Puntúe en escala de 1 a 5, onde 1 sería e “Pouco necesario” e 5 “Moi necesario”
Por último, gustaríanos coñecer a súa opinión sobre alguna das seguintes medidas que poden contribuir a desenvolver o noso territorio. Puntúe en escala de 1 a 5, onde 1 sería e “Pouco necesario” e 5 “Moi necesario”
Se está interesado en participar nos grupos de traballo que se realizarán por todo o noso territorio, lle pedimos que nos facilite un correo electrónico para poder ponernos en contacto con vostede e informarle das datas e lugares